Artist Name
Ataque Escampe
web link
heart icon off (0 users)
Logo
transparent

Artist Image
artist thumb

Functions

transparent
Data Complete
percent bar 40%

Members
members icon 5 Male

Origin
flag Santiago de Compostela

Genre
genre icon Rock & Roll

Style
---

Mood
mood icon Angry

Born

born icon 2001

Active
calendar icon 2001 to Present...

Cutout
transparent

heart icon Most Loved Tracks
4 users heart off Ataque Escampe - Festa malandrómica
4 users heart off Ataque Escampe - Galicia es una mierda
4 users heart off Ataque Escampe - Tres cantos a Lenin
4 users heart off Ataque Escampe - Segunda división
4 users heart off Ataque Escampe - Akira Toriyama


youtube icon Music Video Links
No Music Videos Found...



Artist Biography
Available in: gb icon flag icon
Ataque Escampe é grupo de rock acústico formado no ambiente universitario da cidade de Santiago de Compostela por rapaces de diferentes zonas do país contra o remate do ano 2001. Nese momento os seus seis membros, Samuel, Pablo, Álex, Dani, Miguel e Roi, comezan a ensaiar de xeito irregular na residencia universitaria do Monte da Condesa, ademais de gravar con pésimos medios (por exemplo, cassette) temas de corte folk-rock (o laúde e o violín aparecían ao lado da guitarra eléctrica) que a nivel letrístico unen o experimentalismo con elementos de temática bravú. A mediados do 2002 o grupo, con cinco membros, Samuel, Álex, Miguel, Roi e Estevo, principia a dar concertos (entre os que destaca o celebrado no Coliseo Noela de Noia con motivo do 1º concerto expansivo Nunca Máis organizado por Burla negra, e no que, segundo os propios Ataque Escampe recoñecen, evidenciaron unha grande falla de rodaxe musical). O conxunto tamén grava unha maqueta con mini-disc na que xa se vai albiscando o seu estilo actual, ao apareceren por vez primeira un son acústico e sucio, certo eclecticismo e unhas letras irónicas que comezan a afastarse da inmediatez do bravú. Transcorren logo dous anos de traxectoria discontinua (2004 e 2005) debido á dispersión xeográfica dos compoñentes do grupo, que non deixan porén de compoñer temas e gravar algunhas maquetas sen excesivas pretensións. A actividade regular de concertos é retomada por AE con catro membros, Samuel, Álex, Miguel e Roi, en 2006. Ese ano supón un ponto de inflexión na traxectoria da formación, xa que obtén algo de relevancia ao gañar co tema "Afganistán Canto" o I Premio de canción de autor Utopía Son, celebrado no Café Uf de Vigo. Formación habitual durante o ano 2006: Álex, Samuel, Miguel e Roi.O 2007 é un ano cargado de acontecementos para o grupo. Por unha banda, editan o seu primeiro traballo, que nun principio, polos escasos medios e tempo cos que é realizado, non conciben para a publicación, senón coma maqueta para presentar aos locais e conseguir concertos. Trátase de Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos, un disco publicado en formato electrónico e baixo licenza Creative Commons en A Regueifa Plataforma, e no que unha parte dos temas son de estudo e a outra un directo gravado con mini-disc no Café Uf. Nese mesmo ano, ademais de seren seleccionados para a Rede Galega de Música ao Vivo e realizar a Xira Bela Lugosi 2007, participan no disco-tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista, editado conxuntamente pola Regueifa Plataforma, Falcatruada e Lonxa Cultural e que reúne a todo o panorama de grupos novos dos últimos anos. Nese disco versionan a canción do ferrolán "Para che falar de amor", que interpretan tamén no programa homenaxe do devandito músico, "Saudade de ti", na TVG. A finais de ano prodúcense cambios na formación: Samuel causa baixa temporal e entra como novo membro permanente Marco, que enriquece substancialmente o abano de posibilidades sonoras do grupo. Finalmente, Ataque Escampe acada o 1º Premio do Gz Crea 2007 na modalidade de música, coas cancións "Tango do sintasol" e "Ana e o caracol". A principios de 2008 incorpórase á banda un novo membro, Paq. En marzo publícase o primeiro traballo longo de Ataque Escampe no selo A Regueifa Discos, tanto en formato físico como en edición dixital. O seu título, Galicia es una mierda, é decidido nunha enquisa aberta na páxina web da banda. Coa Xira A invención da pólvora 2008 o de novo sexteto presenta o disco por toda Galiza. O grupo grava tamén dous temas soltos: "Unha tarde no zoo" (para o concurso A polo Ghit da Radio Galega) e "Ningún lugar seguro (GalegoZ Remix)", este último canda algúns dos membros de GalegoZ. A finais de 2008 editouse o EP Galicia es una fiesta, onde Marcos Payno remesturou cinco temas do disco Galicia es una mierda. En 2009 entra no grupo Lois, que incorpora os teclados na formación. Amais, Roi cambia o caixón flamenco pola batería electrónica. O resultado, un son máis sofisticado que se fai patente no LP A grande evasión, publicado en maio dese mesmo ano. ESTILO O estilo de Ataque Escampe, autodenominado "rock de serie b" pola precariedade de medios na que comezaron e tamén por certo antivirtuosismo, ten coma alicerce o rock acústico e o folk-rock estadounidense, sendo Neil Young, Violent Femmes ou Micah P. Hinson algunhas das súas referencias, xunto a grupos de pop-rock estatal coma Los Enemigos ou Antonia Font e a formacións galegas coma Os Resentidos ou a Psicofónica de Conxo. Porén, o grupo realiza tamén incursións noutros estilos coma o punk ("I will turn"), o vals ("Tres cantos a Lenin") ou o tango ("Tango do sintasol"). As letras do grupo caracterízanse pola súa estreita relación coa literatura ("Afganistán canto"). Nelas tamén están presentes o pouso xeracional ("Galicia es una mierda") e a vontade de experimentación lírica ("Ourizo").
wiki icon

Wide Thumb
transparent

Clearart
transparent

Fanart

transparent icontransparent icon

Banner
transparent icon

User Comments

transparent iconNo comments yet..


Status
unlocked icon Unlocked
Last Edit by pinochaian
11th Oct 2014

Socials
social icon transparent icon

Streaming


External Links
fanart.tv icon musicbrainz icon last.fm icon website icon unlocked iconamazon icon